del Mazo, Margarita
Carabuñas / Margarita del Mazo - 3ª ed. - Pontevedra :OQO ,2012 - [34] p. :il. col. ; 24 cm - Colección O (OQO) .
Ridiculizando algunhas das súas características físicas, ás que Carabuñas nunca antes lles prestara atención, Branca logra que o bruxo dubide da súa identidade –e ata de que poida comela– e acabe fuxindo para a súa casa, inseguro e deprimido.
Deste xeito, o verdugo pasa a ser vítima. E viceversa. No entanto, nin o texto de Margarita del Mazo nin as ilustracións da danesa Charlotte Pardi, nos incitan a crer que estamos ante un relato cruel ou triste. Todo o contrario. A historia destila humor, tanto a través dos enxeñosos diálogos da habitual colaboradora de OQO, como das divertidas e frescas imaxes coas que a artista debuta na editorial.
“Rin ás gargalladas mentres escribía este conto. Chorei de risa cando o compartín cos meus. Cando comecei a escribilo pensei que estaba facendo un conto para morrer de medo, pero o resultado foi un conto co que todos morriamos de risa”, destaca Margarita del Mazo.
O relato vai máis aló do entretemento, xa que a principal mensaxe xira ao redor da astucia, “calidade que converte o máis débil en forte”, destaca a escritora, quen considera tamén importante “mirarse, de cando en vez, para que ninguén te engane dicíndoche que es doutro xeito”.
Precisamente, o papel de Charlotte Pardi é moi importante na aparencia física de Carabuñas. A ilustradora recoñece que lle levou o seu tempo decidir o seu aspecto. “Tiña que dar un pouco de medo, pero á vez transmitir dozura”, apunta sobre as dificultades ás que se enfrontou para crear un personaxe non moi agraciado, nin física nin intelectualmente.
Pola contra, admite que lle foi “doado” dar vida á pequena. A artista adoita inspirarse en persoas do seu círculo para crear os personaxes. Neste caso, Branca ten moito da súa afillada, “que é moi divertida e intelixente, a nena perfecta para burlar a Carabuñas!”.
Ademais, ideou unha habitación cun gran número de peluches, para que non estivese a soas con Carabuñas. A pesar da aparición nocturna dun bruxo, Branca permanece, sorprendentemente, tranquila e segura. Son os bonecos –cos seus ollos abertos e actitude expectante– os que nos transmiten un estado de ánimo máis propio e acorde coa situación.
Deste xeito, Charlotte Pardi usou un recurso moi habitual nos pequenos: expresar os sentimentos (medos, inseguridades, filias ou fobias) a través dos bonecos. Un papel que tamén desempeñan contos coma este
—Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete!
—Non son Caramuxo. Son Carabuñas,
o que nunca corta as uñas!
-contestou o bruxo, rabioso.
—Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo!
—Dígoche que non. Son Carabuñas!
1º-2º Primaria
9788498714197
84-49871419-2
82-9G